Tamu Massif, un volcán xigante agochado baixo as augas

Descuberto baixo o Océano Pacífico o maior edificio volcánico da Terra
28 Novembro 2013

 

Tamu Massif

 

Pasados xa 500 anos, aproximadamente, deste descubrimento, os investigadores da Universidade de Houston, deciden volver a mirar cara o Pacífico. 

Para elo, realizaron unha serie de probas usando ondas xeradas por modernos instrumentos, as cales rebotaban no fondo mariño e devolvían unha imaxe precisa deste. Isto deu lugar a un novo descubrimento, ó “volcán máis grande da Terra”.

Este volcán coñécese co nome Tamu Massif, ten 650 kilómetros de ancho e  mais de 300.000 kilómetros cadrados de superficie. Leva inactivo dende hai 140 millóns de anos, e está situado na parte noroccidental do Pacífico, integrado no gran macizo submarino de Shatsky Rise. Ademais internase uns 30 kilómetros na capa rochosa mais superficial do noso planeta. 

Esta revelación serve para analizar canto magma pode almacenarse dentro da codia terrestre. 

Haberá algún volcán mais sen descubrir?