Susan Jocelyn Bell

1 Marzo 2012
S J Bell

Susan naceu o 15 de xullo do ano 1943 en Belfast, Irlanda. Era a maior de catro irmáns e o seu pai foi o arquitecto do planetario Armagh e dispoñía dunha gran biblioteca, onde Susan se interesou polos libros de astronomía.

Con once anos suspendeu un examen e os seus país mandárona a estudar a un colexio de Inglaterra onde foi impresionada por un profesor de física que lle ensinou que non había que aprender moitísimas cousas senón que só había que aprender unhas poucas cousas clave.

Logo estudou nas universidades de Glasgow e Cambridge, onde traballou na construcción dun radiotelescopio para usar os destellos interplanetarios no estudio dos quásares, que foran descubertos pouco tempo antes.

No ano 1965 obtivo a titulación en física pola Universidade de Glasgow e despois estudou en Cambridge para realizar o doctorado, onde se incorpora a un equipo formado por outros cinco investigadores cos que pasa dous anos construíndo un radiotelescopio para observar quásares, dirixido por Hewish. Aquí, en 1967, Bell analizando datos tomados polo telescopio notou uns sinais de radio moi regulares e rápidas como para provir de quásares. Xunto a Hewish, analizou os datos, descartando a súa procedencia terrestre ou de satélites artificiais e finalmente que foran emitidos de civilizacións extraterrestres intelixentes. Entón, determinaron que os sinais viñan de estrelas moi masivas que rotaban a unha gran velocidade, ás que chamaron Pulsares. Primeiro, temporalmente Bell chamoulle LGM1( Little Green Man 1) e finalmente identificou a fonte como unha estrela de neutróns de rápida rotación. Ó primeiro pulsar coñécese hoxe co nome de CP 1919, aínda que debería chamarse “estrela Bell”.

S J Bell-2

Despois de rematar o seu doctorado, Bell traballou na Universidade de Southampton, nunha Universidade de Londres e en Edimburgo. Antes de convertirse en profesora de física, tamén traballou durante dez anos na Open University. Antes de xubilarse foi Decana de Ciencias na Universidade de Bath entre os anos 2001 e 2004, e Presidenta da Royal Astronomical Society entre 2002 e 2004. Actualmente é profesora visitante na Universidade de Oxford.

Aínda que non obtivo o Premio Nobel xunto a Hewish polo descubrimento, si logrou ser galardoada por moitas organizacións. Obtivo a Medalla Michelson do Instituto Franklin, en 1973 xunto a Hewish. En 1978 entregóuselle o Premio Robert Oppenheimer Memorial do Centro de Esudios Teóricos de Miami. Tamén recibiu o Premio Beatrice Tinsley da Sociedade Astronómica Americana en 1987, o Magellanic Premium da Sociedade Filosófica Americana, o Jansky Lectureship do Observatorio Radioastronómico Nacional e, a Medalla Herschel da Royal Astronomical Society en 1989. Tamén recibiu numerosos títulos honoríficos como o de Comandante da Orden do Imperio Británico e o de Colega da Royal Society.

S J Bell-1