Subministro de mexillón asegurado

5 Novembro 2013
mexillóns

Hai unhas semanas que a toxina lipofílica asentóuse nas rías galegas e aínda segue alí. Un helicóptero colleu mostras para intentar saber que ocorrerá a medio prazo e se haberá que prohibir a extracción deste molusco en máis áreas das que xa están prohibidas, pero estes resultados aínda non están dispoñibles.

Intecmar confirmou a veda dos areais de Muros-Noia e da zona III de Pontevedra, que abarca Bueu, Marín e Raxó; debido á marea vermella. Ó mesmo tempo levantou a veda de marisqueo nas zonas VI de Arousa e I e II de Pontevedra e para os cinco polígonos mexilloeiros de Redondela. A apertura destas áreas permite a extracción deste molusco e asegura a subministración do mesmo ó mercado dos próximos días, aínda que tampouco existe moita demanda en fresco.

marea vermella

“Neste momento estamos nun impasse. Hai moito produto nas depuradoras, pendentes das análises e de se se pode botar atrás ou non.”, explica Ramón Blanco, presidente das depuradoras galegas. Este tapón producido nas depuradoras reflíctese nos prezos, que soben.

O colectivo que preside Ramón Blanco foi convocado a unha reunión cos responsables autonómicos xunto a outros colectivos. Tamén foros convocados produtores e cocedeiros. Todos estes mantiveron unha reunión na que acordaron pedir explicacións sobre o ocorrido para poder contrastar a versión oficial cos seus propios datos e chegar a un punto de encontro coa Xunta ante as grandes perdas sufridas.