S.O.S! mitocondrias en apuros!

2 Maio 2013
mitocondra

A comezos do verán do ano pasado a asociación AEPMI (Asociación de Emfermos de Patologías Mitocondriales) comezou a realizar unha recollida de teléfonos móbiles, tapas de botellas, latas, etc, baixo o lema "Doa o teu teléfono, regala esperanza". Esta campaña ten a finalidade de recaudar fondos e financiar unha investigación para atopar unha cura as enfermidades mitocondriais que estan a sufrir varios rapaces por toda España.

Estas enfermidades estan causadas pola deficienza de proteínas localizadas nas mitocóndrias (son orgánulos que lle proporcionan enerxia ás celulas) que afectan ao metabolismo.

Hay descubertas arredor de 150 diferentes mutacións causadas no ADN mitocondrial que provocan enfermidades de distinto tipo. Estas enfermidades producen o seu maior dano nas células do cerebro, corazón, fígado, riles, aparello respiratorio, sistema endocrino e nos músculos. Tamen afectan aos tecidos que nos aportan maior cantidade de enerxía.

Unha das formas mais normais de contraer estas enfermidades e por herdanza materna; cada familia ten o 50% de posibilidades de contraelo e soense dar mais casos en mulleres ca en homes.

Os porcentaxes de afectados por esta enfermidade son:  

móbiles

-O 25% da descendencia manifesta esta enfermidade.

-O 50% será portador sano.

-O 25% restante non portará nada.

Anímovos a que participedes nesta campaña para poder axudar a estes rapaces. Un dos afectados chámase Eric (que ten dous anos), é o meu primo, que naceu con esta enfermidade e foi empeorando co paso do tempo ata tal punto que a estas alturas non ten cura algunha. Por iso vos pido que me axudedes a min e as familias afectadas a salvar a estes rapaces.