SOS abellas de Galicia

2 Maio 2012
abellas sos

Os cultivos de eucaliptos están afectados por unha praga do insecto chamado gurgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus). Para combatelo a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL)  coa colaboración da Asociación Forestal de Galicia, a Xunta de Galicia e algúns concellos teñen o plan de fumigar os inmensos eucaliptales de Galicia con flufenoxuron, un insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido enla UE a partir do 1 de agosto. Hai sospeitas de que detrás deste plan hai moitos intereses por vender importantes cantidades deste produto que logo será proibido. Aos pequenos propietarios de plantacións ofréceselles a fumigación gratuíta, incluso a fumigación aére, aínda más perigosa.

A pesares de que existen outros medios menos agresivos para combater ao gurgullo están dispostos a usar este perigoso insecticida que, ademais de ser prexudicial para o medio ambiente e as persoas en xeral, ataca ás larvas da abellas.

Ademais da súa utilidade na produción de mel e cera, as abellas son imprescindibles para a fecundación de moitas plantas, entre as que se atopan numerosas especies que empregamos na alimentación humana. A súa desaparición provocaría o colapso da agricultura e indirectamente da gandaría galega.

Numerosas asociacións e agricultores de toda Galicia están mobilizándose para tentar deter estas fumigacións.

Nin unha pinga deste velene debe caer sobre os montes galegos!!

 

http://fumigacionsNON.org