Por que soñamos?

30 Xuño 2013
Soñando

Todos sabemos que o soñar é un acto totalmente involuntario no que se reproducen certas informacións almacenadas na memoria e que xeralmente están relacionadas con experiencias vividas pola persoa os días, os meses e incluso os anos anteriores.

Pero, por qué o facemos?

Pois ben, esta foi e continua sendo unha das preguntas máis temidas tanto polos científicos como polos psicólogos porque aínda hoxe en día, despois de innumerables experimentos,segue sen existir unha resposta con bases científicas xa que todas están basadas ensuposicións.

Algunhas sociedades primitivas, e incluso algunhas modernas, cren que ó soñar tense contacto cos espíritos e que estes son capaces de revelarnos, mediante o soño, cousas que pasarán no futuro.

Outras persoas pensan que os soños reflexan traumas ou angustias que non somos capaces de expresar conscientemente, cuestións que o noso cerebro non trata estando espertos.

Pero na opción na que máis xente coincide é na de que a función do soño é axudarnos a resolver problemas.Incluso a psicóloga DeirdreBarret, nunha investigación na que lles pediu a un grupo de estudantes universitarios voluntarios que escollesen un problema e tratasen de resolvelo durante as horas de soño, demostrou que, despois dunhas semana, aproximadamente a metade deles tiveran soños relacionados co problema, e un de cada catro, soñou incluso coa resposta.

No único que actualmente  estamos todos de acordo é en que os soños teñen que ter algunha función xa que é moi pouco probable que un mecanismo que non aportase ningunha vantaxe competitiva se mantivese durante tantos millóns de anos, e que se atope incluso no resto de mamíferos e no só nos humáns.