A solución contra as enrugas das teas
Pódense previr as enrugas das teas? Existe algún compoñente que axude a disminuír ou evitar as enrugas? A resposta é si, e trátase dun invento dunha empresa mexicana.
O seu nome é Siltex 95, e é un compoñente a base de silicona fabricado pola empresa Provista, que se dedica á fabricación e comercialización de produtos químicos dende 1983.
O proceso de elaboración non foi sinxelo e levou máis dunha década, xa que comezou no ano 2001. Tardaron tres anos en desenvolver a molécula, despois pasaron á fase de probas no laboratorio, logo ao proxecto piloto e finalmente conseguiron comezar a súa comercialización este ano.
O que a empresa logrou foi o desenvolvemento dun polímero, que é unha macromolécula composta por unha ou varias unidades químicas que se repiten ao longo de toda unha cadea, de silicona bautizado como Siltex 95. Este engádese como un compoñente máis ao suavizante e aplícase co resto do líquido na roupa. A nova fórmula modifica as características físico-químicas do produto final e consegue que a tela non teña enrugas. Actualmente, a súa fórmula xa está patentada en máis de 110 países.
Ademáis, hai apenas unhas semanas, González Cossío, o responsable desta molécula, recolleu o Premio Nacional de Tecnoloxía e Innovación en México, na categoría Innovación de Produto.