Sistema de navegación Galileo

2 Decembro 2011
Galileo

Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) desenvolvido pola Unión Europea co obxetivo de evitar a dependencia dos sistemas estadounidense (GPS) e ruso (GLONASS).

O sistema espera poñerse en marcha en 2014 despois de sufrir una serie de reveses técnicos e políticos.

O 28 de decembro de 2005 lanzouse o primer satélite en probas. Inicialmente Galileo ía estar dispoñible en 2008 pero leva un retraso de 3 anos e parece ser que ó fin está previsto o seu funcionamento para 2014 debido a diferencias entre os países participantes.

Galileo1

O sistema Galileo estará formado por unha costelación mundial de 30 satélites en órbita terrestre distribuidos en tres planos inclinados 56 graos cara ó ecuador, a23.222 kmde altitude.

Ó ter 30 satelites en órbita, en calquera momento podes ter entre 4 e 8 satélites calculando a tua posición polo que o marxe de erro é duns centímetros, un avance sen precedentes. Ademais, en caso de averia de algún satélite, os outros están programados para cumplimentar o seu traballo en poucos segundos, polo que nunca se perde o sinal, e isto para os barcos e avións, que hoxe en día basan a súa conducción no sistema GPS, é algo moi beneficioso.

O custo de funcionamento deste sistema ronda os 3.400 millóns pero tamén se estima que a súa creación conleve uns 150.000 postos de traballo relacionados co mesmo.