Sérvelle ao teu corpo e á túa mente

5 Novembro 2013
dieta mediterránea

Hai estudos que demostran que a dieta mediterránea, que consiste en froitas, verduras, legumes, cereais, aceite de oliva, peixe, carne de aves (en menor cantidade), ovos e leite; non é só boa para reducir peso, senón que ademais tamén na prevención de distintas enfermidades do organismo e ata mentais.

Especialistas en nutrición, realizaron un estudo ó longo de 14 anos con persoas de idade avanzada, residentes en New York, que mostraba que os suxeitos que seguían a dieta mediterránea reducían a enfermidade, coñecida como, o alzhéimer.

No estudo publicado en Chemical Neuroscience, os investigadores de Universidade de Louisiana concluíron que o composto “oleocantal, derivado do aceite oliva virxe extra, asociado ao consumo da dieta mediterránea, ten o potencial de reducir o risco da enfermidade de Alzheimer o demencias neurodexerativas relacionadas.

Paralelamente, investigadores italianos da Universidade de Florencia descubriron que os “polifenois” do aceite de oliva virxe extra poden previr o retrasar a aparición da enfermidade do Alzheimer. Para este estudo utilizáronse ratos coa enfermidade do Alzheimer aos que se lles subministrou durante 8 semanas  “oleuropeína, o principal polifenol presente no aceite de oliva virxe extra. Os resultados mostraron que a suplementación dietética con oleuropeína mellorou de maneira importante o rendemento cognitivo dos ratos en comparación co grupo que non recibiu o polifenol do aceite de oliva.