Sentinel 1A
O xoves 3 de abril ás 23.02 (hora peninsular española) dende o Porto Espacial Europeo en Kourou (Guayana Francesa), despegou o primeiro satélite Sentinel da iniciativa Copérnico, a bordo dun cohete Soyuz, promovida pola Comisión Europea, a ESA e a Axencia Europea do Medio Ambiente.
Para optimizar a cobertura e a accesibilidade aos seus datos, esta misión consiste nunha constelación de dous satélites idénticos. Sentinel-1B seguirá os pasos do primeiro o ano que ven, e logo lanzaranse outros satélites máis.
A nave conta cun avanzado radar que monitorizará a superficie do noso planeta en calquera condición meteorolóxica. Aínda que conta con complexos dispositivos de compresión de datos, o sistema de comunicacións do satélite terá que subministrar 8000 GB diarios de datos de imaxe durante os próximos sete anos.
O programa Copérnico é o novo nome do programa de Vixilancia Mundial para o Medio Ambiente e a Seguridade. Está deseñado para proporcionar información precisa, actualizada e de fácil acceso para mellorar a xestión do medio ambiente permitindo detectar e monitorizar a evolución dos vertidos de cru, estudar as banquisas de xeo, detectar os desprazamentos da superficie da Terra e analizar os usos do terreo; comprender e mitigar os efectos do cambio climático, garantir a seguridade cidadá e facilitar as labores dos equipos de axuda humanitaria e de resposta ante desastres naturais, distribuíndo mapas actualizados das zonas afectadas.
A delegación española de Airbus DS subministrou o subsistema do control térmico do satélite Sentinel-1, para protexelo da influencia da radiación solar. CASA Espacio ten presenza tecnolóxica en tres dos cinco Sentinel que equipan dispositivos fundamentais das naves, como radares e instrumentos de imaxes multiespectrales. GMV (outra empresa española) encárgase de labores de análise da misión, simulador operacional, sistemas de control, planificación e provisión de servizos. Thales Alenia Space España encargouse dos sistemas de seguimento e adquisición de datos TTC e o suministro da electrónica de control para o despregue de mecanismos en antenas e paneis solares.