Sen medo a vacinarse

A vacina sen agullas: o nanoparche
10 Outubro 2013
nanoparche2

O enxeñeiro biomédico Mark Kendall levou a cabo un sistema de vacinas que permite administralas sen a necesidade da clásica agulla hipodérmica.

Chámase nanoparche, e trátase dunha peza de silicona de menos dun centímetro cadrado que ten unhas 20.000 microagullas, tan pequenas que non se poden percibir a simple vista, e colócase cun aplicador que o apega á pel. A agulla tradicional, diríxese ao músculo, en cambio o nanoparche queda na epiderme, e a lonxitude das súas diminutas pugas apenas alcanza un décimo de milímetro. Ata agora, pasábase por alto que o punto clave para a inmunización, atopábase na pel e non no músculo,  pero baixo a primeira capa da pel hai gran cantidade de células de alto poder inmunitario, e estas son o obxectivo do nanoparche. Deste modo, increméntase a efectividade da vacina e permite reducir as doses necesaria para lograr o mesmo efecto, así como tamén evita contaxios por pinchazos accidentais como pode producir a outra vacina, e xa non falemos da satisfacción dos pacientes ao saber que xa non terán que ir con medo a que unha agulla de 2 cm lle atravese a pel.

nanoparche1

Nalgúns experimentos con animais, viron que facía falta ata cen veces menos, o cal é unha gran diminución do prezo de cada vacina, dende os dez dólares que custaba cada dose hoxe ata un dólar, o que permite que tamén sexa máis accesible nos países pobres. A diferenza da vacina tradicional, que se aplica en estado líquido, o nanoparche preséntase recuberto dunha forma seca de vacina. Para lograr unha correcta absorción, basta con manter o aplicador en contacto coa pel durante un minuto.

Pero entre tantas vantaxes, tamén ten que haber algunha desvantaxe, e é que a pel non sempre é igual, e o aplicador debe comportarse da mesma maneira más alá das diferenzas. 

nanoparche