Sempre empeza cun... podo deixalo cando queira.

Un achegamento ao inferno das adiccións
10 Marzo 2013

ADICCIÓN :é unha dependencia ou necesidade ata unha substancia, actividade ou relación causada pola satisfacción que esta causa á persoa.

Na nosa sociedade podemos destacar varios vicios , os máis importantes son o alcoholismo , a drogadicción e a ludopatía. 

adicción alcohol2

A adicción ao alcohol é simplemente definida como unha necesidade compulsiva  dun líquido tóxico que se obtén do gran ou a froita fermentada. Estes líquidos inclúen cervexa, viño e outros licores fortes.

O alcoholismo pode levar á xente a involucrarse en serios problemas e estes poden ser destrutivos, tanto física como mentalmente. Na actualidade, o uso do alcohol está involucrado na metade de todos os crimes, asasinatos, mortes accidentais e suicidios. Tamén hai serios problemas de saúde asociados ó uso do alcohol, tales como: dano cerebral, cancro, enfermidades cardíacas e enfermidades do fígado. Os alcohólicos que non deixan de beber, reducen a súa esperanza de vida entre 10 e 15 anos.

Unha droga é toda substancia que, introducida no organismo por calquera vía de administración, pode alterar de algún modo o sistema nervioso central do individuo que as consume.

drogadicción

As drogas destrúen as ondas e os raios alfa, que comunican a mente co cerebro, destruíndo e levando ó drogadicto á loucura. As drogas estimulantes: Cocaína ,Basuco e Perico, actúan sobre a cortiza cerebral, a médula espiñal e os sistemas endócrinos e simpáticos, acelerando e causando desequilibrios no metabolismo e nas funcións orgánicas, de tal forma, que o drogadicto non se cansa, non sinte fame...

Pasado o efecto da droga o organismo queda débil e aparece a depresión, a irritabilidade, o cansazo, a necesidade de consumir novamente a droga, caendo cada vez máis nas garras do vicio.

ludopatía

Non obstante, os que padecen ludopatía, e especialmente tanto os seus familiares como o seu entorno social, non o ven así, e saben que naqueles casos onde exista un problema compulsivo grave, é moi difícil telo baixo control.

A ludopatía ven a ser un trastorno da personalidade que se caracteriza fundamentalmente porque existe unha dificultade para controlar os impulsos, e que en certo sentido tende a manifestarse en practicar, de maneira compulsiva, un ou máis xogos de azar.

Pode afectar na vida diaria da persoa que se ve afectada por esta adicción, de tal forma que a familia, a alimentación ou incluso o sexo pasa a ser algo totalmente secundario.

Por todo isto, non se debe confundir a ludopatía cun vicio, xa que nestes casos encontrámonos ante unha grave enfermidade crónica, unha adicción.

drogadicción2

Aquí as palabras dun home cunha adición que está intentando superar:

"Son drogadicto e ludópata, porque o son é algo que co tempo estou descubrindo, Case todo son escusas, pero a verdade é que ata que non entre na asociación Azajer  tiña os ollos cerrados e non dicía as cousas polo seu nome e aquí ensináronme “e aínda están facéndoo” a decidir e sobre todo a abrir os ollos e como dixo un compañeiro ¡non a vivila vida! Senón a sabela vivir."