Semana da Ciencia no Asorey

2011-Ano da Química
2 Decembro 2011
sem ciencia 2011-4

Como en anos enteriores o noso centro celebrou a Semana da Ciencia, adicada este ano á Química.

Nas portas do Salón de Actos colocamos os nosos traballos que fixemos en primeiro, o curso pasado: unha táboa periódica dos elementos químicos xigante. Cada un fixo un elemento distinto. O máis orixinal é que se deseñou de forma creativa o símbolo. Por exemplo a min tocoume o cesio e como se emprega para obxectivos de cámaras, fixen unha montaxe con imaxes de cámaras fotográficas das revistas.

Outra parte da exposición era “A química na casa” que consistía nunhas vitrinas con distintos produtos químicos que se poden atopar nunha vivenda (medicamentos, alimentos, cosméticos, produtos de limpeza...) con etiquetas explicando a súa composición e utilidade.

Semana da Ciencia 2010-6

Noutra vitrina montamos modelos moleculares de diferentes substancias comúns: grafito, vinagre, auga osixenada, sulfato de cobre, ADN...

Nun panel fixemos o mural “A química está en todas partes” onde explicamos todos os avances da humanidade grazas á química, pero tamén os problemas.

sem ciencia 2011-1

Nunhas mesas os profesores fixeron obradoiros. Berta e Maxín montaron varios experimentos para explicarnos as reaccións químicas. Victor, Lourdes e Isaac explicáronnos como extraer ADN dos chícharos.

Todos os cursos foron pasando a ver a exposición e os experimentos e fixemos fichas. Nunha enquisa recollemos datos para ver cales eran os deseños de símbolos de elementos que máis gustaron e resultaron gañadores o titanio, o calcio, o potasio e o cesio.

Como remate, o venres, fixéronse dous experimentos espectaculares no patio: un volcán de cinzas e un xéiser con auga osixenada.

See video