Semana da Ciencia 2013. Ano da auga
Durante a semana do 11 ao 16 o IES Francisco Asorey celebrou, como cada ano, a “SEMANA DA CIENCIA”, adicada ao tema deste ano, a auga.
Fixemos diferentes actividades con participación do alumnado e o profesorado do centro, coordinados polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química e coa colaboración do educador ambiental Manolo Dominguez, da empresa VENTOS.
ACTIVIDADES REALIZADAS:
EXPOSICIÓNS:
-“Auga que corre”, realizada por alumnado de 2º de ESO.
-“Propiedades da auga”, realizada por alumnado de 4º de ESO.
-Proxectos do centro: “Charcas con vida” e “Proxecto ríos”.
OBRADOIROS:
-De onde ven a auga da billa?. Falouse da importancia de aforrar e xestionar correctamente a auga potable, da forma de evitar a contaminación… Vimos como funcionaba unha maqueta de depuradora e fabricamos limpadores ecolóxicos que non contaminan a auga.
-Análises de auga: formas de comprobar o pH e a presenza de distintos sales na auga.
-Propiedades de auga.
-Descomposición e destilación da auga”.
PELÍCULA:
-Erin Brockovich (3º e 4º ESO e 1º Bacharelato)
Nos videos que xuntamos podedes coñecer mellor as actividades realizadas.