Semana da Ciencia 2012
A ONU declarou o ano 2012 como Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos. Esta declaración ten a finalidade de que a poboación mundial se faga cada vez máis consciente da importancia de que todos e todas poidan acceder a modos sostibles de enerxía renovable a nivel local, rexional ou global.
Como en anos anteriores o noso centro sumouse a esta importante celebración que ten lugar en novembro para chamar a atención do alumnado e da comunidade educativa en xeral, sobre un evento, ou tema científico, de interese.
Este ano adicámollo ás Enerxías Renovables e fixemos moitas actividades entre o 6 e o 15 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química, coa colaboración do Departamento de Electricidade e Electrotécnica e do Departamento de Normalización Ligüistica
ACTIVIDADES:
EXPOSICIÓNS
-Enerxías renovables: mural xigante realizado polo alumnado de 2º de ESO: o Sol como pai e orixe da maioría das fontes de enerxía renovables.
-Innovando nas renovables: 2º de ESO, Bacharelato. Inventos e innovacións tecnolóxicas de actualidade dentro do campo da enerxía.
-Maquetas de aparellos, xoguetes, aparellos e máquinas sinxelos...
-Vehículos eléctricos (venres 8 de novembro). Mostra de varios modelos de coches eléctricos coa colaboración dos concesionarios Renault e Citroen
-Libros e traballos sobre A Enerxía
-10 anos da Marea Negra do Prestige: exposición realizada polo alumnado e profesorado do centro no ano 2002
-Presentacións:
-Aproveitamento tradicional da enerxía en Galicia: muíños hidráulicos (río), de marea , de vento, ferrerías, batáns...
-Enerxías renovables
-O prestixe “Unha Historia Negra”, realizado no centro hai dez anos
CONFERENCIAS
6 de novembro, no Día da Ciencia en Galego: “Facendo física de Partículas polo mundo”
-Carlos Salgado (Departamento de Física de Partículas e Instituto Galego de Física e Altas Enerxías)
-Abraham Gallás (Investigadoo Ramón y Cajal do Departamento de Física de Partículas da USC)
A videoconferencia "mundial", conectados con Xenebra, Santiago, Londres e Lisboa.
9 de novembro: Vehículos eficientes.
-Manuel Díaz Fernández, responsable da área de Divulgación do Parque Eólico Experimental de Sotavento. Cunha demostración de distintos tipos de vehículos eléctricos: bicicleta, coches...
OBRADOIROS
-Renovando enerxías: Equipo Ventos.
Charla-coloquio: consumo enerxético, situacón ambiental, boas práctica de aforro na vida cotiá.
Demostracións: medidor de consumo eléctrico, elementos de aforro nos aparellos, aparellos que funcionan con enerxías renovables
-Funcionamento de aparellos que transforman enerxía
Pila de hidróxeno, motor eléctrico e dinamo, aparellos solares e eólicos....
-Papiroflexia: Elaboración de obxectos relacionados coa enerxía: Juan Maceira Vidal