Semana da Ciencia 2010

Ano da Biodiversidade
3 Decembro 2010

 

biodiversidade

A Semana da Ciencia celébrase todos os anos arredor do 15 de novembro, coincidindo coa festividade de San Alberte Magno.

Este ano a semana da ciencia adicouse á BIODIVERSIDADE e no noso centro, como en anos anteriores, sumouse a esta importante celebración para chamar a atención do alumnado e da comunidade educativa en xeral, sobre a ciencia, neste caso a diversidade de seres vivos.

Organizáronse diferentes actividade coordinadas polo profesorado de Bioloxía e Física e Química e contouse coa colaboración da profesora de Tecnoloxía e Juan Maceira que nos cedeu desinteresadamente a súa colección de cunchas..

EXPOSICIÓNS:

-BIODIVERSIDADE: datos e curiosidades. Murais realizados polos grupos de 1º de ESO.

-CUNCHAS: colección malacolóxica de Juan Maceira

-Biodiversidade no centro: quen vive aquí ?. Traballo realizado por 2º de ESO

-A biodiversidade en Galicia. Especies en perigo de extinción.

-A cadea trófica: mural en tres dimensións feito por 2º A.

-Libros e traballos sobre os seres vivos e os espazos naturais.

Semana da Ciencia 2010-2

OBRADOIROS:

-Bioloxía: “Artrópodos, o mellor exemplo de biodiversidade”

-Química: “A maxia da química”

VISITAS GUIADAS POLO ALUMNADO:

- Grupos de Primaria dos colexios de Vilariño e San Tomé.

CINE:

-Os animais son boa xente

-Océano

 

semana da Ciencia 2010-1

San Alberte Magno (Baviera, 1193 - Colonia, 1280) é o patrón dos estudantes de ciencias naturais, ciencias químicas e ciencias exactas. Foi unha figura destacada da ciencia medieval. Era teólogo e filósofo. Foi bispo foi profesor en moitas universidades. Estudaba as plantas, astroloxía, alquimia... Descubríu o arsénico e publicou numerosos libros.