Seguindo pistas

Quen come nas follas do brécol?
Xea
3 Novembro 2011
brécol

Todo comezou coa imaxe dun repolo comesto das eirugas que presentaba un aspecto chamativo, ata fermoso, coa apariencia dun encaixe.

A primeira impresión foi botarlle a culpa da desfeita á coñecida bolboreta branca que revoa polos campos e pola beira dos camiños (en realidade tres epecies de bolboreta diferentes), pero as pegadas do traballo non coincidían coa forma de actuar das lagartas da verdura. Seguindo pistas concluímos que as autoras eran as eirugas dunha avelaíña de pequeno tamaño, menos visible e menos coñecida por ser de actividade nocturna. A curiosidade levounos a comentalo con outras persoas que nos achegaron exemplares de eirugas doutras especies que tamén producen danos nos repolos e outras plantas semellantes. Con eses datos e información e imaxes recollidas na Internet fixemos esta presentación.