Como se fai... unha lata de aluminio
A produción de aluminio é una das actividades metalúrxicas máis custosas, pola gran cantidade de materia prima que se precisa e pola enorme cantidade de enerxía eléctrica que consume o proceso de fabricación.
Hai que traer o mineral desde miles de quilómetros de distancia, procesalo para obter alúmina e logo sometela a un proceso electrolítico para purificar o mineral. A partir do alumnio primario fanse distintos procesos para elaborar os obxectos (prensado, laminado, extrusión, fundido, soldado…). No caso dos envases úsanse para encher con distintos productos e logo rematan no lixo, onde temos que tomar a decisión de que segan un proceso de reciclado ou se desperdicien producindo impacto sobre o medio ambiente.
O aluminio pódese reciclar indefinidamente sen que perda as súas propiedades. Reciclar aluminio supón un aforro do 95% da enerxía comparado coa produción a partir do mineral.
En Europa recíclanse arredor do 42% das latas de bebidas, o 85% do aluminio da construción e o 95% do transporte, na nosa comunidade a porcentaxe é bastante máis baixa, na nosa man está que esto mellore!!