Como se fai: un teléfono móbil

19 Maio 2013
móbiles

Sabías que no mundo hai case tantos teléfonos móbiles como peroas e que a súa cantidade aumente considerablemente cada ano, en especial nos países desenvolvidos.

No ano 2000 un 12% dos habitantes da Terra tiñan un móbil e no 2012 un 61%. Un dos países onde máis se fabrican é na China.

A telefonía móbil está formada por dúas grandes partes: unha rede de comunicacións e os terminais que permiten o acceso a esta rede, o que nos chamamos teléfono móbil.

O teléfono móbil é un dispositivo inalámbrico electrónico para acceder e utilizar os servizos das redes de telefonía móbil. Os modelos e as prestacións cambian constantemente e cada vez ofrecen máis servizos, en especial desde que se conectan á rede.