Como se fai... a regaliz
A regaliz é una planta que se emprega como lambetada ou como planta medicinal coñecida deste hai moito tempo.
É una planta (Glycyrrhiza glabra) da familia das fabáceas orixinaria da Europa Mediterránea e de Asia Menor que se cultiva en moitos lugares desde tempos antigos e que se atopa naturalizada en moitos lugares, especialmente de ambiente húmido.
A raíz de regaliz é un dos condimentos máis antigos. Ten un sabor agridóce a anisado e úsase moito en confitería (postres, tartas, caramelos…) e para aromatizar bebidas e tabaco. Axuda a eliminar o mal alento.
Ten moitos usos medicinais. A partir da raíz seca (rica en glicirricina) fanse cápsulas, tabletas, comprimidos, tinturas, cremas… Resulta excelente para regular os procesos dixestivos, estimula a función renal e protexe o fígado.
En alimentación emprégase como edulcorante e para facer lambetadas en forma de caramelos de regaliz, pastillas ou barriñas. Tamén se emprega en infusións e como condimento.
O Exceso de regaliz (glicirricina) pode resultar tóxico. A Comisión Europea recomenda que a dose diaria de ácido glicirricético non supere os 100 mg. Non deben utilizala os que teñan diabetes de tipo II, hipertensión arterial, pouco potasio no sangue, hepatites ou durante o embarazo.
COMPOSICIÓN DA REGALIZ:
-Azucres: glicirricina, glucosa e sacarosa
-Flavonoides: licoflavonol, licorina, glicirol, glizarina, formononetina, propenilanilosa, isoliquiritigenina, glabro, glabrona.
-Saponina
-Tanino
-Betacaroteno
-Aminoácidos: asparagina
-Proteínas
-Ácidos: salicílico, málico, betulínico, glicirrético
-Minerais: calcio, cromo, cobalto, fósforo, magnesio, potasio, silicio e sodio.
-Vitaminas: C, tiamina.