Como se fai: o chocolate
O chocolate é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao).
A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos.
PROCESO
-Extráense as sementes
-Lávanse e tóstanse para aumentar o aroma e facilitar o desprendemento da pel.
-Torrefacción das sementes durante un poucos minutos entre 110 e 120 °C para eliminar a humidade e diminuir a acidez
-Eliminación da casca. Os resíduos empréganse como compost e para facer outros produtos.
-Mestura de diferentes proporcións de grans
-Moído e batido a 60-80 ºC durante 18 a 72 horas para obter a pasta de cacao (unha suspensión de substancias con cacao en manteiga de cacao) que se filtra e compacta en bloques.
-Elaboración de diferente produtos: chocolates, xabóns…
-Para elaborar chocolate mestúrase a pasta e a manteiga da cacao con azucre e dáselle un amasado fino (conchado) para darlle finura e untuosidade. Tamén poden levar engadidas pequenas cantidades de aromatizantes e estabilizantes.
-Temperado: fúndese o chocolate a 50 °C para romper as estruturas cristalinas da manteiga de cacao, enfríase as 30 ºC para devolverlle a estrutura e vólvese a quentar un poco para que os cristais se agrupen de novo en pequenas cadeas.
O Chocolate pódese presentar en tableta ou en po. Os distintos tipos elabóranse modificando os ingredientes e os procesos. Tamén se emprega como complemento en tartas, bolos, xeados…