Como se fai: un coche

A vida dun coche
2 Marzo 2013
coche

Poderíamos imaxinarnos a cantidade de pezas que ten un coche, cantas arandelas ou parafusos?

No mundo hai aproximadamente mil millóns de coches, unha media de 1 vehículo por cada 7 persoas, aínda que o reparto non é regular. O país con máis proporción é Estados Unidos, con 1,3 vehículos por habitante.

Ás cadeas de montaxe das fábricas de coches chegan moitos compoñentes completamente rematados: rodas, retrovisores, faros, motores, baterías…

O compoñente máis complicado é a transmisión. A do Ford-T, o primeiro coche fabricado en cadea, tiña 43 pezas. A dun coche actual pode ter entre 300 e 400 eementos.

O coche máis sinxelo, tendo en conta o número de pezas, é o Fórmula 1, cunhas 60.000. O normal nos automóviles de serie é de 70.000 a 90.000 pezas.

Fabrícanse arredor de 70 coches por minuto e para facelo empréganse materiais moi variados:

METAIS: aceiro para o bastidor; cobre para o cableado eléctrico; aluminio para o radiador; platino, paladio e rodio para o conversor catalítico; chumbo para as baterías…

PLÁSTICOS: para a carrocería, o guardabarros, o salpicadeiro, os parabrisas, os faros, os depósitos…

CAUCHO: para as rodas, manguiños, correas, xuntas…

VIDRO: para os parabrisas e ventás, faros…