Scott no Polo Sur

3 Febreiro 2012
Scott

Robert Falcon Scott foi un capitán da Royal Navy que dirixiu dúas expedicións á Antártida.

A primeira expedición, comprendida entre 1900 e 1904 no barco Discovery na que descubriu o mar de Ross. A segunda no buique Terra Nova desde 1910 ata o 1912.   Chegou ao Polo Sur o 17 de xaneiro do 1912. Un mes despois, Scott e os seus catro compañeiros morreron durante unha tormenta, cando realizaban o camiño de volta.

Os seus cadavres apareceron o 12 de novembro do 1912, xunto co diario da expedición.

Unha das razóns polas que Scott fracasou foi porque levaron cabalos en vez de cans, e tiveron que arrastrar eles sós trineos de máis de300 kgcon gran cantidade de instrumentos científicos e mostras que ían recollendo. E polo mal tempo. A viaxe retrasouse e quedaron sen comida e sen combustible.

A expedición de Scott fixo importantes contribucións á ciencia e á exploración da Antártida. Recolleron multitude de mostras de rochas e minerais, fixeron medicións meteorolóxicas e do campo magnético terrestre, exploraron glaciares e montañas, estudaron animais como o pingüín emperador...

Na súa tumba os seus compañeiros grabaron un anaco dun poema do Ulises de Tennyson “Loitar, buscar e non rendirse nunca”.

Aproveitando a conmemoración do centenario da chegada ao Polo Sur achegámosvos unha fermosa presentación sobre a Antártida que atopamos na Internet.

Scott1