Sabías que?... se fan vaqueiros con plástico reciclado
A empresa Levi Strauss prepara o lanzamento na colección de Primavera 2013 dunha nova línea de vaqueiros chamados Waste (desfeitos), feitos cun 20% de materiais reciclados e cun 80 % de algodón. Esta colección usará máis de 3,5 millón de botellas recicladas. En cada pantalón úsanse entre 12 e 20 botellas de plástico.
O proceso comeza coa recollida de botellas e bandexas de plástico nun centro de reciclaxe, logo sepáranse pola cor, móense e procésanse ata converterse en febras de poliéster e estas mestúranse coas febras de algodón.
Con esta iniciativa emprendedora preténdese atender as necesidades de consumo pero respectando o planeta. Cada botella de plástico necesita 450 anos para descompoñerse.
Por exemplo en EEUU véndense 600 millóns de pantalóns vaqueiros, se estes estivesen feitos coa tecnoloxía ‘verde’ , é dicir, utilizando de 12 a 20 botellas por pantalón, deixaríanse de usar 1,200.000 bocois de petróleo.
A esta iniciativa únense marcas como H&M, Mango ou Inditex. H&M é o maior comprador de algodón orgánico do mundo, Mango é a primeira gran marca de moda que consegue a certificación Made in Green en todos os artigos , e Zara prevé que para o 2015 todas as súas tendas sexan ecoeficientes. Estas marcas non se unen a este compromiso so por axudar o planeta, senón que utilizar materias reciclados ou ecolóxicos resúltalle moito máis rentable economicamente, xa que reducen no uso de auga e enerxía, e ademais isto dálle versatilidade as súas marcas.