Sabías que...) As bebidas enerxéticas

son prexudiciais para os dentes
5 Xuño 2012
dentista

As bebidas enerxéticas, deportivas ou hipertónicas son bebidas sen alcohol, que teñen virtudes estimulantes, rexeneradoras da fatiga e do esgotamento, dirixidas, principalmente a deportistas.

Ata o de agora, coñecíanse os efectos que tiña o seu alto nivel en azucre para o noso corazón, mais segundo estudos recentes da Universidade de Illinois, estes revelan que os compostos ácidos deste tipo de bebidas causan danos irreversibles no esmalte da nosa dentadura, que poden acabar causando sensiblidade ao frío ou ao calor, carie ou pérdas dentais.

O estudio consistiu en somerxer diferentes pezas dentais en nove tipos diferentes de bebidas enerxéticas e trece de refrescos, durante quince minutos e despois volver a somerxelas en saliva artificial; catro veces ao día durante unha semana. Pese a que os resultados do estudo supuñan efectos perxudiciais sobre o esmalte dental, as investigacións tamén foron postas en entredito, dado que ninguén mantén o líquido tanto tempo na boca nin tantas veces por semana. Aínda así, para previr riscos deste tipo é recomendable limitar a inxesta destas bebidas, aclararse a boca con auga ou masticar chicle sen azucre despois de consumilas; e o máis importante, esperar como mínimo, unha hora, para cepillar os dentes, xa que pode aumentar a acción erosiva do ácido.