Sabías que...?

6 Xuño 2012
olores

 •Unha investigación publicada na revista Natural Neuroscience explícanos por que percibimos mellor unha fragancia cando ulisqueamos. Trátase, pois, de que as células do epitelio olfactivo son sensibles á estimulación mecánica, de maneira que a entrada de aire tras sucesivas inhalacións, sobreactívanas.

 

 •A unidade de medida da intensidade dun aroma é o olf, que é equivalente á emisión dun adulto que realiza sentado unha actividade cotidiana e que se ducha 0,7 veces ao día. O olfactómetro é o aparato que mide a forza do cheiro. Por exemplo, un deportista que acaba de facer exercicio pode emitir hasta 30 olfs, e un fumador habitual, 25 olfs.

 

 •Por que detectamos antes o cheiro do peixe podre co das rosas? Pois resulta que o sistema olfactivo reacciona con máis rapidez ante estímulos que supoñen unha ameaza. Concretamente, o tempo de resposta do cerebro ante o tufo do peixe en mal estado é de 1.300 milisegundos, mentres que tardamos 1.700 en detectar o perfume das rosas.

 

 •Cando temos fame, todos somos máis sensibles aos olores, pero, ¿por que? Isto débese á grelina, unha hormona segregada no estómago baleiro. Esta, estimula tanto o apetito como o almacenamento de graxas, pero tamén aumenta a capacidade do noso olfacto para detectar efluvios de alimentos. Pódese dicir que funciona como un instinto de supervivencia.

 

 •Aínda que é difícil facer unha lista dos peores cheiros, a maioría de expertos coinciden en que o mercaptano -composto sulfurado procedente da materia en descomposición- emite a peste máis desagradable do mundo, unha fetidez sen comparación. Quen o cheirou no seu estado puro, compárao con ovos podres ou cuns calcetíns moi usados. Isto, no seu estado puro, pero logo de ser manipulado, úsase como aromatizante do gas natural para o fogar.

 

 •Á hora de durmir, tamén cheiramos? Se te perfumas antes de ir á cama, tal vez sexa para sentirte máis a gusto. Está comprobado que os aromas que percibe o noso nariz cando descansamos, poden modificar o contido dos nosos soños, e incluso producir pesadelos se son o suficientemente malolentes. Polo tanto, se nos metemos na cama con cheiro a rosas, é probable que os nosos soños sexan do máis agradables.

 

 •Olores ou sabores? Cando comemos, a maioría do que percibimos como sabor é realmente olor. As partículas dos aromas das comidas son tan fortes, que chegan ao noso padal transmitindo unha sensación de sabor. O noso padal permítenos distinguir entre sabores dóces, salgados, amargos ou ácidos, pero o resto de matices de sabor que podemos identificar están definidos polos olores.