Sabías que ... o animal máis velenoso da Terra é unha pequena augamar

As 10 especies animais máis velenosas da Terra
6 Septembro 2012
cubozoo

A véspora mariña é un celentéreo (cubozoo) que se atopa no mar de Australia. É o animal máis velenoso da Terra. Ten 60 tentáculos que inxectan un veleno tan potente que pode matar a un adulto con 1.4 miligramos en menos de 3 minutos.

Produce fallo xeral do organismo e parálise cardíaca. Nas praias de Australia onde se atopa hai carteis avisando da súa presenza.

Nesta presentación explicámosvos cales son os dez animais máis velenosos da Terra, aínda que algúns non son especialmente perigosos para as persoas.