Só é cuestión de tempo
De seguir a dinámica de ascenso global das temperaturas en todo o planeta como consecuencia da utilización dos combustibles fósiles, pronto comezaremos a sufrir directamente os negativos efectos. O ascenso do nivel do mar é medible ano a ano en todas as costas continentais; tamén nas nosas.
O pasado mércores 26 de outubro, a coincidencia dunha marea viva e unha forte borrasca permitía observar, en todo o paseo marítimo de Cambados, a magnitude da preamar (as fotos que acompañan a este artigo son moi indicativas do feito) que acadaba límites que raramente son observables no noso concello. Tivemos sorte de que este evento non estivo acompañado dunha tormenta, pois as consecuencias delo terían efectos moi negativos para determinadas construcións e infraestruturas costeiras.
O Cambio Climático é o consecuente ascenso do nivel do mar, son problemas globais que de non porlle pronto remedio, en poucos anos teremos que enfrontarnos aos seus negativos efectos; tamén en Cambados. Tomade conciencia delo.