Ruta: río Barosa

3 Marzo 2011
Barosa-2011

Unha ruta no concello de Barro para gozar da natureza contemplando unha sucesión de fervenzas entre penedos graníticos e unha fermosa paisaxe que cambia en cada época do ano polos cambios na vexetación e as diferenzas de caudal do río.

Distancia:2 km

Dificultade: media

Duración: 1 hora

O río Agra ou Barosa é un afluente do Chaín que á súa vez vai ao Umia.

No lugar de Maquieira aproveitaron o desnivel para construír dezanove muíños.

COMO CHEGAR: na estrada N-550, pasado Barro en dirección a Caldas de Reis un indicador á dereita sinala Parque Natural do río Barosa. A primeira parte sobe a carón das fervenzas e muíños salvando un forte desnivel. O resto segue o río ata unha ponte onde se pode cruzar para dar volta. Pódese completar coa subida ao santuario de San Breixo que alonga a ruta 1 km.

Barosa-mapa

Río Barosa

Muíños do río Barosa