Ruta A Pastora-Umia
Unha ruta circular desde o Monte da Pastora, en Cambados, que combina a visita a monumentos de interese coa observación da natureza, dos cultivos e das construcións tradicionais. Pódese completar cunha visita ao Museo do Viño.
Distancia:3,5 km
Duración: 1-2 horas
1:Monte da Pastora: vistas panorámicas de Cambados e a Ría de Arousa, o Val do Salnés e O Castrove. Numerosas especies de árbores autóctonas e ornamentais entre as que destaca unha sobreira de máis de 400 anos. Conserva unha capela e un cruceiro e pódense observar algúns restos dun castro.
2:Ouso da Torre: construcións tradicionais (casas, hórreos,), cultivos (hortas, viñedos, millo...), invernadoiros.
3:Esteiro do Umia: vexetación de ribeira (xuncos, amieiras, salgueiros...) e aves acuáticas, especialmente no inverno.
4:Monte do Rei: vistas do esteiro do Umia e vexetación variada: carballos, piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, toxos, xestas...
5:Ruínas de Santa Mariña: restos da igrexa do século XV-XVI de estilo románico e gótico que foi antiga parroquial de Cambados. Conserva catro arcos en equilibrio e numerosas figuras decorando as capelas laterais. Está declarada Monumento Nacional e actualmente é o cimeterio de Cambados.
6:Museo do Viño