Roberto Novoa Santos

8 Novembro 2011
Novoa

Roberto Novoa Santos foi un médico, escritor, profesor e político galego ao que Francisco Asorey lle fixo un busto conmemorativo.

Naceu na Coruña o 8 de xullo de 1885 e morreu en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1933. Estudou medicina e foi profesor auxiliar de Patoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Logo foi estudar Fisioloxía a Patoloxía a Francia, Austria e Alemaña, etapa na que publicou seis traballos científicos. Á súa volta ocupou a cátedra de Patoloxía Xeral nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid.

Deu numerosas conferencias en todo o mundo e deixou máis de 200 traballos publicados. Colaborou na fundación de varias revistas de divulgación científica.