Riscos do uso excesivo de vitaminas

2 Maio 2013
Biotina-1

Científicos e especialistas médicos advirten sobre o consumo excesivo de pastillas con alta concentración de vitaminas, en concreto da vitamina B7 (Biotina), que participa en reaccións metabólicas do organismo, como o aumento da glicosa en sangue, da presión arterial e  diminución de triglicéridos nunhas condicións de colesterol baixas. Esta vitamina atópase abundantemente en alimentos de procedencia vexetal, animal  e en bacterias.

Estas conclusións son o resultado dunha investigación que evidencia que o consumo excesivo da vitamina B7 podería ter efectos negativos e prexudiciais para o organismo. Por outra banda tamén ten vantaxes, xa que en proporcións cen veces maiores ás normais en alimentos, axuda no tratamento dadiabetes, estando presente xa nalgúns fármacos.

O aviso de precaución ven dado polo descoñecemento dos efectos secundarios da biotina. Aínda que se demostraron algunhas das súas vantaxes en estudios sobre animais e seres humanos como a diminución de triglicéridos, pola redución do proceso metabólico da lipoxénese que consiste na síntese de lípidos.

biotina

biotina

Estas vantaxes son favorables para a aplicación da biotina en tratamentos de prevención do síndrome metabólico xa que unha abundante  presenza delípidosen sangue acaba por provocar a aparición de enfermidades coronarias e diabetes.

A pesar das vantaxes da biotina, por mor do risco de aparición de células canceríxenas, os expertos recomendan evitar un consumo en altas proporcións da biotina así como outras vitaminas tamén en altas concentracións. Propoñen para evitar calquera problema de toxicidade a inxecta de microgramos.