Ríos de América do Norte

20 Outubro 2013
ríos América N

Os ríos de América do Norte son moi diversos en canto ao seu  percorrido, o seu réxime e a súa xeoloxía.

As Montañas Rochosas dividen as cuncas de norte a sur. Os ríos que desaugan no océano Pacífico son de cursos curtos, rápidos e de gran poder erosivo. Os que desembocan no Atlántico son longos, caudalosos, de pouca pendiente e con pouco poder erosivo; ademais teñen unhas cuncas hidrográficas enormes e son importantes vías navegables. Os ríos que desembocan no Ártico están xeados unha parte do ano. Moitos dos ríos do norte están alimentados por sistemas de grandes lagos de orixe glaciar.

O máis longo e coa cunca máis extensa é o sistema Mississippi-Misouri (3.160.000 km²).

OCÉANO GLACIAR ÁRTICO:  Mackenzie, Churchill, Nelson, Severn e Albany.

OCÉANO PACÍFICO: Iukón, Copper. Fraser, Columbia, Sacramento, San Xaquín, Colorado e  Grande.

OCÉANO ATLÁNTICO: San Lourenzo, Hudson, Savanah, Mississippi, Brazos, Bravo.

                                                                                                                                    Máis información