Respirar aire en Europa acurta a vida
Un estudio realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) que evalúa a calidade do aire e a presenza de contaminantes que afectan á saúde das persoas, revela que o aire europeo está repleto dunha gran cantidade de partículas nocivas para o ser humano.
Os datos recollidos son bastante preocupantes.
O estudio revela que case un tercio da poboación urbana do continente está exposta a concentracións excesivas destes contaminantes.
A AEMA considera a loita contra a contaminación un obxectivo prioritario para a UE, xa que a contaminación atmosférica reduce a esperanza de vida humana aproximadamente en dous anos nas cidades e nas rexións máis contaminadas.
O ozono é un dos elementos máis perigosos presentes no aire, xa que pode provocar problemas respiratorios, e incluso unha morte prematura. Respecto a isto, os países máis afectados son os países mediterráneos, entre os cales se atopa España que está situada entre os países con maior número de emisións, pero sen chegar a sobrepasar os límites da UE.