Resíduos enerxéticos

4 Maio 2015
depuradora

O uso de auga a nivel doméstico e urbano produce residuos que é preciso tratar e, aínda que existen diferentes mecanismos, nas cidades de gran tamaño empréganse principalmente as estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), que teñen unha liña para a auga, outra para os lodos e, só nalgúns casos, outra para gases, que proporciona enerxía á central debido á gran cantidade de enerxía química almacenada na materia orgánica.   

Pois ben, debido á gran eficiencia dos gases emitidos nestas depuracións, os investigadores están buscando cómo recuperar esta enerxía, por exemplo en forma de hidróxeno, o que permitiría non só a redución do consumo enerxético do proceso de depuración, como xa se ven facendo nalgunhas EDAR, se non tamén a obtención de enerxía a partir destes residuos.

Para conseguilo, os investigadores seleccionaron un conxunto de bacterias capaces de transformar o metanol, residuos lácteos, amidón e glicerol, en compostos más simples que poden ser degradados polos microorganismos exoelectróxenos, que oxidan a materia orgánica liberando así os electróns (átomos de hidróxeno), entre as que destacan as Bacillus stratosphericus, que viven na estratosfera a uns trinta kilómetros por enriba de nós.

Para levar acabo este proxecto, os científicos empregaron augas residuais reais, en lugar das augas sintéticas moi biodegradables que se utilizan na maior parte dos experimentos, e os resultados, segundo os propios investigadores, foron moi positivos, logrando intensidades de corrente e unha produción de hidróxeno moi rápida a partir da depuración das augas residuais, polo que, quen sabe? Tal vez estamos diante da fonte enerxética do futuro.