Renovación nos xardíns do Instituto

6 Abril 2011
obras instituto

Entrevistamos ao director, Xosé Rivera, sobre o que fan no xardín do instituto e dinos que instalaron un sistema de rego automático, alinearon os bancos, removeron a terra e alisárona, eliminaron a malas herbas, plantaron céspede e outras plantas.

Tamén teñen pensado poñer mais pedras no camiño cara as pistas. Isto NON o subvenciona ninguén, pagao o centro cos poucos cartos que ten. Logo falamos co señor que está facendo isto e cóntanos: “Primeiro puxemos regos de electro válvulas programables no que pos ti os dias e as horas para regar. Puxemos difusores e aspersores. Logo perfilamos o terreo e botamos fertilizante natural e herbicida. Despois plantamos céspede forte e resistente e algo de gramón”.

O equipo directivo tamén quere facer una pista por detrás do instituto e un aparcamento, pero non teñen suficientes cartos porque ninguén o subvenciona. Algo que farán este verán será que arranxarán a valla que está ao fondo da pista para que non se vaian as pelotas e porán un papeleira preto das gradas.

Pero o mais importante que nos dixo Xosé Rivera é que non pisemos a herba ata que esté ben desenvolvida e non tiremos papeles ao chan porqué se non, non proderán facer cousas novas.

Obras instituto1