Rematou o 2013, benvido o 2014
Comezamos un novo ano e cumplimos tres anos coa Buxaina, 33 edicións nas que tentamos amosar os traballos realizados polo alumnado nas áreas científicas e algunhas achegas de colaboradores ou recollidas da Internet.
O 2013 foi o ANO MUNDIAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA e, con este tema como eixo, fixemos numerosas actividades: experiencias, exposicións, a Semana da Ciencia e proxectos colectivos, entre os que queremos detacar “A AUGA QUE CORRE” un traballo interdisciplinar de investigación no que participaron 173 alumnos e alumnas de 1º de ESO e que tivo como resultado a elaboración de 59 presentación sobre os principais ríos do mundo. Ademais comezamos un novo proxecto que xira arredor do Mar e que continuaremos no novo ano aproveitando a creación dun grupo de Traballo nun programa de Excelencia.
O 2014 está adicado á Cristalografía, á Agricultura Familiar e aos Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento, temas que centrarán parte da nosa actividade.
Agardamos seguir contando coa colaboración dos todos e todas para facer un seguemento das noticias científicas e que os lectores poidan seguir gozando da novidade, da orixinalidade e da calidade dos contidos.
Neste enlaces podes informarte sobre algúns dos descubrimentos científicos de 2012.
http://www.taringa.net/posts/info/16743140/Inventos-y-descubrimientos-cientificos-de-2013.html
http://www.abc.es/ciencia/20131227/abci-diez-descubrimientos-cientificos-201312262247_1.html