Rematou o 2011 e dámoslle a benvida ao 2012

4 Xaneiro 2011
2011-12

O ano 2011 foi o Ano da Química, e na nosa revista adicámoslle unha canle especial.

Ademais foi un ano prolífico en descubrimentos científicos, moitos deles recollidos en traballos aquí publicados como a velocidade dos neutrinos, as aplicacións do grafeno, a vacina contra a malaria, ou o bosón de Higgs. Tamén se falou moito do terremoto de Xapón e o consecuente desastre nuclear, da falta de chuvias, dos incendios forestais... e, por suposto da crise e do presunto anuncio do fin do mundo para o 2012.

A comunidade internacional decidiu declarar o ano 2012 como Ano Internacionas da Enerxía Sostible Para Todos e Ano Internacional do Cooperativismo. Conmemoraránse os centenarios do afundimento do Titanic, do primeiro salto con paracaídas, da chegada de Scott ao Polo Sur, do nacemento do poeta galego Celso Emilio Ferreiro e de Alan Turing, precursor da moderna informática.

Agardamos seguir contando coa colaboración dos todos e todas para facer un seguemento das noticias científicas e que os lectores poidan seguir gozando da novidade, da orixinalidade e da calidade dos contidos.