Para rematar, Marie Curie

As viaxes de Marie Curie
2 Decembro 2011
Mrie Curie-viaxes

Este ano 2011 foi nomeado Ano Internacional da Química, e agora que chega decembro, remata. Ademais, este ano, tamén coincidíu co centenario da outorgación do Premio Nobel de Química á muller polaca Marie Curie, descubridora do radio e do polonio e da radioactividade, a parte de ser pioneira como muller na ciencia.

Polo tanto, é unha boa ocasión para rememorar a esta gran investigadora que achegou grandes avances na ciencia, sobre todo na química e na física, e por suposto no sexismo presente neste ámbito. Entón, por qué non recordar as súas viaxes? Sería interesante, rememorar a súa labor en conferencias ao redor do mundo, e individualmente en España.

Esta prestixiosa científica visitou o noso país en tres ocasións. A primeira foi no ano 1919 para participar no I Congreso de Medicina de Madrid. Chegou a España sendo toda unha eminencia na ciencia, posto que xa recibira os seus Premios Nóbel en Física e Química. Así pois, neste congreso promoveu o uso de coche radiolóxico para axudar aos soldados feridos na guerra, ademais de impartir unha conferencia sobre as radiacións dos radioelementos e os seus empregos, axudándose de numerosos experimentos.

Novamente, en 1931 Curie volve a España, invitada pola recén estreada Segunda República. Nesta ocasión quere informar á sociedade científica das precarias condicións nas que traballaba ao principio da súa carreira, aínda que o acto central da súa segunda visita foi a conferencia sobre a radioactividade e a evolución da ciencia que impartiu na Residencia de Estudantes.

Por último, retorna a España dous anos máis tarde, en 1933, como vicepresidenta da Comisión Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Nacións, co fin de promover a vocación científica e presidir unha conferencia sobre o desenvolvemento da cultura, novamente, na Residencia de Estudiantes. A este evento, repetido en sete sesións diferentes debido ao seu éxito, asistiron científicos de gran importancia, de universidades como a de Harvard ou Cambridge. Un ano máis tarde, esta indispensable investigadora, morría aos 66 anos en Francia.