Rematar de cabeza afecta ao cerebro dos futbolistas

3 Febreiro 2012
futbolista

Un grupo de investigadores estadounidenses realizou un estudio con varios futbolistas amateurs no cal se obtiveron resultados perxudicias para aquelas persoas que practican este deporte. Concluiron afirmando o feito de que golpear un balón coa cabeza arredor de entre 1.000 e 1.500 veces ao ano produce graves danos cerebrais.

Basta con realizar o xesto este número de veces para que se vexa fortemente afectada unha parte da neurona encargada de transmitir os impulsos nerviosos, denominada axón. Quixeron estudar o que ocorría nestes, e para elo, observaron o movemento que as moléculas de auga tiñan nos axóns, concluindo así, que o feito de que estas moléculas pasen de moverse de xeito uniforme a facelo aleatoriamente é consecuencia dun traumatismo cerebral. Esta conclusión extrapólase ao feito de rematar de cabeza, xa que os efectos que se producen equivalen aos dun traumatismo cerebral.

As áreas cerebrais que se ven máis afectadas son as da memoria, a atención e funcións visuais importantes.

Aínda que o estudo foi realizado en futbolistas amateurs, no fútbol profesional a situación empeora debido a que a velocidade do balón é maior e, polo tanto, emprégase unha maior forza en golpealo. Un feito que agrava máis a situación, xa que as consecuencias perniciosas aparecen con mais gravidade e, ademais, un xogador pode chegar a realizar mais de 5.000 cabezazos por ano, xa que é un exercicio qe resulta común sobre todo en entrenamentos.

Aínda que rematar de cabeza non produce danos cerebrais instantáneos, as consecuencias prodúcense cando se golpea o balón repetidamente.

O fútbol é un deporte internacionalmente coñecido que implica a un gran número de persoas. Estudos coma este axudan a protexer a saúde dos numerosos deportistas que practican esta actividade na actualidade e dos que o farán no futuro.