Remata o verán. Volve a Buxaina

5 Septembro 2011
buxainas

Rematado o verán volvemos a publicar A Buxaina, unha revista dixital iniciada en decembro de 2010 e da que levamos publicados nove edicións.

O balance non pode ser máis positivo: 310 artigos publicados e 184 autores entre alumnado, profesorado e persoas de fóra do centro. Como ben expresa o nome de Buxaina non paramos¡

Queremos, con este novo número que inaugura o curso, dar as grazas a todos e todas os que colaboráchedes nas edicións pasadas, e con especial agarimo aos alumnos e alumnas que nos deixaron para ir á Universidade. Animávosmos a que o sigades facendo desde onde queira que vos leve o voso camiño.

Esperamos que o novo curso sexa igual ou máis produtivo e volver a contar para traballar cos que estades no centro e os que se incorporan de novo. E tamén vos pedimos que axudedes a dar a coñecer a revista nas vosas casas, aos vosos amigos e amigas... e que A Buxaina serva para despertar en todos e todos a curiosidade, as gañas de aprender e o valor do que nos rodea.