Redución histórica da capa de ozono

2 Decembro 2011
capa ozono

Datos recollidos este ano revelan unha diminución histórica da capa de ozono sobre o Ártico, acadando ata un 80% de redución na espesor deste gas. Son os niveis máis baixos de ozono ata o momento, polo que a situacion do Ártico xa se aproxima paulatinamente á da Antártida, onde as medicións acostuman ser peores.

Sen embargo, esta vez o adelgazamento da capa de ozono, en ámbolos dous polos,  foi debido ás baixas temperaturas rexistradas na zona, habituais para á época do ano.

Estas condicions de frío extremo provocan reaccións químicas nas que se convirten as substancias que conteñen cloro, emitidas á atmosfera a través da actividade humana, noutras formas capaces de destruir o ozono.  Aínda así, as temperaturas no Norte son un pouco máis elevadas que no Sur, o que explica que a diminución da capa de ozono no Ártico sexa menor que na Antártida.

Pero este ano, a anomalía estivo en que as temperaturas de frío extremo persistiron durante un periodo máis prolongado (30 días máis do habitual) acelerando así o proceso de redución do ozono.

Así pois, se nun futuro por mor do cambio climático, as temperaturas continuaran reducíndose, a perda de ozono podería producirse máis asiduamente.