Recordando a Rosalía
Este 17 de maio cúmprense 150 anos da publicación do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcou o rexurdimento da literatura galega.
Esta data foi escollida pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas, para adicala á exaltación da nosa língua e literatura. O primeiro ano (1963), adicouselle a Rosalía de Castro.
ROSALÍA a muller que construeu obras inesquecibles, coas palabras máis axeitadas, doces e garimosas para chamar ás cousas e á natureza; dotándoas dun ritmo vivo e natural, pleno de armonía, no que a linguaxe popular se eleva ata acadar os máis altos cumes da expresión lingüística, musical e poética.
Da obra Cantares Gallegos escollemos este anaco de poema adicado á chuvia.
14
Como chove miudiño,
Cómo miudiño chove;
Cómo chove miudiño,
Pola banda de Laíño,
Pola banda de Lestrobe
Como a triste branca nube
Truba o sol que inquieto aluma,
Cal o crube e o descrube,
Pasa, torna, volve e sube,
Enrisada branca pruma.
Xa dempois lonxe espallada
Polos aires fuxitivos
Destreñida, sombrisada,
nos espazos desatada
cae brillando en raios vivos.
Misteriosa regadeira
Fino orballo no chan pousa
Con feitiña curvadeira,
Remollando na ribeira
Frol por frol, chousa por chousa.
Semellando leve gasa
Que sotil o vento move,
En frotantes ondas pasa
Refrescando canto abrasa,
O que o sol ardente crobe.
Como chove miudiño
Polas veigas de Campaña!
Cal se enxugan de camiño
Os herbales de Laíño!
Como a Ponte en sol se baña!
.....