Recordando a Cabanillas
Para conmemorar o aniversario da morte do noso poeta Ramón Cabanillas achegamos un traballo realizado por Jessica Calo e Soraya Borrageiros (1º de ESO A, 2009) premiado no II CONCURSO DE TRABALLOS ESCOLARES: clmntk 09.
O premio consistíu nunha viaxe no veleiro “Nieves” polas Rías Baixas e as Illas Cíes, Ons e Sálvora.
Así explican as autoras o seu traballo no acto de recollida dos premios:
O noso traballo consiste en representar mediante fotografías a importancia que ten a auga para a nosa vida.
Nós, vós, toda a humanidade, e o resto dos seres vivos, precisan a auga para vivir, por iso hoxe, neste Congreso de Climántica, queremos ter presente a auga como un gran recurso preciso e necesario deste planeta.
Nos tempos en que agora vivimos ese recurso tan necesario está en escaseza para moitas persoas, porque hai xente que a malgasta en cousas sen importancia.
Este traballo foi realizado usando como punto de partida o poema de Ramón Cabanillas “Agoíña miragreira”, publicado en 1913, poeta cambadés ao que este ano se lle están adicando numerosas homenaxes con motivo do 50 cabodano da súa morte. A música é de Vivaldi. Fíxose con fotos sacadas por nós coa axuda da nosa profesora Adela.