Record de emisións de CO2 á atmosfera en 2018
Segundo un estudo publicado o pasado 5 de decembro pola organización Global Carbon Project e a Universidade East Anglia do Reino Unido, as emisións aumentaron nos dous últimos anos, despois dunhas cifras máis baixas do ano 2014 ó 2016.
Estímase que este ano incrementarán en máis de un 2% as emisións fósiles.
No comezo do século XXI e ata o 2010, o aumento de emisión de CO2 era dun 3%. A partir de entón, comezou a baixar. Nos anos 2014, 2015 e 2016, as emisións estabilizáronse.
As tecnoloxías de emisións baixas non son suficientes para frear o seu avance nin para reducilas de maneira significativa.
Que facer para “descarbonizar” a atmosfera?
Todos os países deben colaborar xa que, directa ou indirectamente, inflúen neste problema.
En Estados Unidos e en China, as emisións reducíronse notablemente dende aproximadamente o 2007 e permaneceron estables ata 2016, mais neste ano e no anterior presentaron un notable descenso.
Este ano, a Unión Europea reducirá as súas emisións nun 0’7%. No resto do mundo é esperado un aumento do 1’8%.
https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=D8blgheH0KA