Reciclar CO2 para obter enerxía

6 Septembro 2012
Neguishi

O químico xaponés Ei-Ichi Negishi visitou Santiago de Compostela convidado polo programa ConCiencia. Este, ofreceu unha roda de prensa e rematou a súa visita coa conferencia “Catálise para un mundo próspero e sostible”.

Na súa visita, o Nobel, apostou por un proceso de catálise do CO2 para “reciclalo”, rebaixar o seu nivel de oxidación e convertelo en combustible, o que axudaría ademáis a reducir o quentamento global. Neigishi mantivo que “o CO2 , utilizado con auga, podería permitir convertelo en combustible” xa que “a natureza, ou Deus, estivo a facer sempre esa reciclaxe de CO2 e da auga polo proceso de fotosíntese, convertendo gases en carbono-hidratos”.

Deste xeito, combinando CO2 con auga, xérase monóxido de carbono, metanol ou metano, que se poden converter en combustible. Esta combinación tería lugar a través de procesos de catálise, pero son moi costosos debido aos materiais que se usan no proceso (ouro, platino, paladio...), polo que a síntese é outra opción. Este proceso sintético convertería, a través de enerxía solar, CO2 e H2O en moléculas base CO e H2 e, mediante un proceso posterior de síntese, produciríanse os hidrocarburos líquidos (gasolina, queroseno...).

Negishi, galardonado co Premio Nobel 2010 por desenvolver reaccións químicas con catalizadores de paladio para crear compostos químicos, asegurou que, se se aprende a reciclar, o CO2 podría converterse nunha “fonte de enerxía”. Segundo el, porlle freo ao efecto invernadoiro é “unha das maiores tarefas” que afronta a ciencia a día de hoxe, e de seguir co ritmo de crecemento da poboación mundial, “nuns 200 anos cumpriría outro planeta para alimentarnos” cos métodos tradicionais de agricultura.

Por todo isto, é esencial atopar unha solución fronte ao cambio climático, se nuns anos non queremos vernos nunhas condicóns extremas.