A receita para a fusión termonuclear

2 Marzo 2012
fusión term

Na actualidade, a enerxía nuclear é unha fonte de abastecemento enerxético a nivel mundial e, aínda que se tentan buscar novas opcións, non se deu coa axeitada.

Nas centrais nucleares, obtense enerxía mediante un proceso de fisión nuclear, dividindo núcleos de átomos de uranio. É certo que este proceso xera gran cantidade de enerxía, mais tamén deixa na superficie terrestre residuos radioactivos altamente contaminantes e case imposibles de eliminar.

A enerxía nuclear sería moito máis efectiva e cuidadosa co medio ambiente se se atopara unha alternativa para levar a cabo a fusión nuclear. Esta prodúcese cando dous núcleos atómicos se unen para dar lugar a elementos máis pesados, polo que se libera gran cantidade de enerxía, chegando a condensarse en estado de plasma, e ademais non xera compostos contaminantes. Segundo estudos recentes realizados en Europa e América, podería ser coñecida a receita para desenvolver novos materiais para reactores de fusión termonuclear. As condicións nomeadas anteriormente son moi duras, sufrindo danos por irradiación e temperaturas próximas ás estelares, polo que é necesario producir materiais que as soporten e que sexan económicamente factibles.

Os investigadores xa comezaron a estudar novos materiais con este fin, e aínda que non é seguro que algún deles sexa o candidato idóneo, os que máis destacan son os aceiros ferríticos ou aceiros ODS, de baixa activación, pero que segue a ser necesario achegarlles partículas nanométricas para aumentar a súa resistencia. Agora é necesario continuar coa observación do comportamento destas partículas, estudando se achegan unha distribución óptima ao composto ou se cambiándoa se obteñen mellores materiais. De momento, xa se sabe que as partículas teñen unha estrutua de un núcleo rico en Itrio rodeado de unha capa de cromo.

Os progresos neste tipo de estudos suporía unha nova alternativa ó abastecemento de enerxía mundial, así como tamén un gran avance na química, polo que cómpre esperar novos resultados.

See video