Reapertura da Cova de Altamira, Patrimonio da Humanidade

2 Abril 2014
cova Altamira

A Prehistoria, e máis concretamente o Paleolítico, deixou as súas pegadas en lugares como a Cova de Altamira.

A Cova de Altamira, recoñecida como patrimonio da humanidade, é un xacemento descuberto no século XIX. É una cova fósil que se corresponde ás culturas solutense e magdalenense.  

A estrutura da cova consta de tres zonas: un vestíbulo con luz natural, a gran Sala dos Polícromos e outras salas e corredores con manifestacións artísticas pero de menor importancia. Aínda que Altamira conserva máis de 260 pinturas e gravados, o conxunto máis importante atópase no teito da Sala dos Polícromos. Trátase dunha bóveda de18 metrosde longo e 9 de ancho, que contén máis de trinta figuras, con representacións de bisontes, cabalos, xabaríns e cervos, unhas figuras polícromas vermellas e negras, que se superpoñen entre sí adaptándose aos saintes da rocha, para dar sensación de relevo. Este complexo acolle, ademáis o que se coñece como Neocova, unha superficie de620 metroscadrados na que se reproducen, a tamaño natural, a entrada e o interior da Sala dos Polícromos.

Dende a súa apertura ao público, recibeu tal cantidade de visitas que en 1970,  alertouse do seu deterioro tras a transformación do seu microclima, invariable durante milenios. En 1976, unha comisión investigadora reafirmou o deterioro do conxunto pictórico, e en 1977 acordouse o seu peche.

Logo de moitos estudos, Altamira reabreuse en 1982, pero de forma limitada: só 8.500 persoas ao ano. Debido ao seu estado, comezouse a pensar nunca réplica das covas. A primeira pedra da réplica colocouse o 29 de outubro de 1997.

A pesar de que en 2010 se decideu reabrir a cova ao público (con restriccións), finalmente acordouse formar un grupo internacional de expertos para fixar as condicións nas que se realizaría, e en agosto de 2012 aprobouse un programa de investigación sobre este asunto. Agora, a cova volverá a recibir visitas de forma experimental tras permanecer doce anos pechada ao público, de tal forma que cinco persoas á semana poderán admirar as pinturas que este xacemento acolle.

cova Altamira1