Ratos no Asorey

Noso instituto participa por segundo ano no programa "Ratos no Laboratorio"
5 Maio 2013
A historia nunca contada de Mendel

Patrocinado pola Fundación EducaBarrié e organizado pola empresa Xaraleira o programa "Ratos no Laboratorio" busca inciar ao alumnado de secundaria nas técnicas de investigación e nas leis da herdanza xenética a través da cria de ratos no propio centro. O día 3 de abril chegaron dúas parellas de ratos ao instituto, os integrantes da primeira parella, que aloxamos na caixa azul, foron nomeados como Freddy e Marilyn polos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO C, e a segunda parella, que ocuparon a caixa verde, foron bautizados como Roi e Gorita. 

Durante a segunda semana da súa estancia chegaron os novos integrantes da familia, Marilyn trouxo ao mundo a 8 pequenos ratiños, dos que sobreviviron 6 despois da fin de semana e, pola súa banda, Gorita deu a luz a 10 ratiños, que a día de hoxe seguen a medrar e amosan todos eles un magnífico aspecto.

Os alumnos de 4º de ESO A e C encargáronse da alimentación dos ratos e a limpeza das súas caixas, ao tempo que fixeron un seguemento da evolución dos proxenitores e da súa descendencia. Nos próximos días analizarán os resultados de acordo cos coñecementos recentemente adquiridos sobre xenética e as Leis de Mendel, pero nesta ocasión substituíndo os chícharos que empregou na realidade o monxe checo por ratos.

Xunto co IES Asorey, outros centros de Galicia participan neste proxecto, e o desenvolvemento e resultados pode seguirse no blog do proxecto.

See video