Un raio bola na Coruña

9 Marzo 2011
raio bola

Dúas persoas foron testigos, o 16 de febreiro na Coruña,  dun estrano fenómeno luminoso e eléctrico coñecido co nome de raio bola, raio globular, centella ou esfera luminosa.

Tivo lugar a primeiras horas da mañán nas proximidades do monte Alfeirán. O fenómeno foi descrito como unha esfera incandescente de cor azul que caía do ceo. As persoas que o viron quedaron moi sorprendidas e pensaron que podía ser a explosión do motor dun avión ou un foguete artificial. Neses intres chovía pero non había tormenta, polo que o fenómeno resultou aínda máis sorprendente. A tormenta eléctrica chegou dúas horas máis tarde e foi moi intensa.

Os raios bola son un tipo de fenómeno luminoso/electrico moi infrecuente que se producen de xeito rápido e illado, polo que ás veces non é doado constatar as testemuñas das persoas que os presencian e dan lugar a moi diversas interpretacións. Poucas veces foron fotografados.

Adoitan aparecer asociados a tormentas eléctricas e poder ser de cor vermella, amarela ou azul. Toman a forma dun brillante obxecto que aboia no aire durante un tempo breve, pero sen a rapidez do raio. Poden permanecer estáticon ou moverse lenta ou rapidamente e producir sons ou olores a ozono, xofre ou óxido nítrico. Despois esvaécense lentamente ou, máis raramente, en forma de explosión. Emiten pouca calor e poden provocar danos ao seu paso (queimaduras, perforación de muros, evaporación de auga...).

raio bola1

Un dos primeiros rexistros históricos dun raio bola é de 1630, nunha gran tormenta eléctrica en Devon (Reino Unido) coa destrucción do teito da igrexa de San Pancracio, que aparece en grabados da época. Uno de los primeros en buscar unha explicación a este fenómeno foi Nikola Tesla en 1904.

Hai distintas teorías que tentan explicar os raios bola, algunhas bastante exóticas. En xeral a comunidade científica non se pon dacordo. Unha das máis aceptadas supón que é un plasma (gas atmosferico ionizado de baixa densidade e temperatura) que interacciona con campos electromagnéticos presentes na atmosfera. Estaría relacionado en parte co Lume de San Telmo.

See video